EL 061 DE GALICIA ASISTIÓ A 53 PERSONAS POR 42 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE EL FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 05 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 53 persoas debido a 42 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 30 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 2 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 18 sinistros.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 42 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 53 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57% e do 43% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 36% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.
 
Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 18 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
11
Lugo
7
Ourense
6
Pontevedra
18
Galicia
42
 
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 48. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 39 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes. As ambulancias convencionais atenderon nunha ocasión.
 
En 50 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en tres ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss