SANIDADE RECIBE A MEDALLA DE OURO DE ANFACO-CECOPESCA POLO SEU LABOR NA XESTIÓN DA PANDEMIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 05 2021

 
 
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recolleu esta mañá a medalla de ouro que outorga anualmente a asociación ANFACO-CECOPESCA en recoñecemento polo labor realizado polos profesionais sanitarios na xestión da pandemia provocada pola covid-19.
 
Durante o acto, celebrado no Círculo de Empresarios de Galicia, o responsable da carteira sanitaria da Xunta remarcou que este recoñecemento “ten nome e apelidos, o dos máis de 44.000 profesionais que integran a sanidade pública galega”. Así, salientou “a súa valía profesional, a entrega e o seu compromiso coa sociedade”.
 
Cando vén de superarse o primeiro ano desde o comezo da pandemia, García Comesaña cualificou aos profesionais dos Servizo Galego de Saúde como “imprescindibles”, lembrando que “foron soporte e coidado para os enfermos” e que, nestes intres “seguen coidando de nós, marcando o ritmo de vacinación de Galicia”.
 
Durante a súa intervención, o titular de Sanidade tivo tamén palabras de recoñecemento para os profesionais que desenvolven o seu labor na industria alimentaria, salientando o importante papel que están a xogar desde o inicio da crise sanitaria. “A ANFACO e á Xunta de Galicia móvelles a mesma inquietude: protexer a saúde das persoas”, apostilou.
 
Finalmente, o conselleiro lembrou que a pandemia aínda no rematou, polo que “non se pode baixar a garda”, apelando ao cumprimento das medidas e recomendacións sanitarias, ademais de “seguir actuando con sentidiño”.

 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss