A ÁREA SANITARIA DE FERROL DÁ A BENVIDA ÓS PRIMEIROS 27 ALUMNOS E ALUMNAS DE TERCEIRO DE ENFERMARÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 09 2021

​Un total de 67 alumnos e alumnas de terceiro curso do Grao de Enfermaría e Podoloxía da Universidade de A Coruña, comezan o seu período de prácticas na Área Sanitaria de de Ferrol. Esta mañá dábase a benvida, no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), ó primeiro grupo de 27 destes 67 alumnos. Estes novos alumnos de Estancias III súmanse ós 40 alumnos de cuarto de Enfermería a e Podoloxía que xa foron acollidos o pasado ano e que comezaban hai uns días a continuidade da súa estancia na Área Sanitaria de Ferrol.

 
Estaban presentes no salón de actos a directora de Procesos de Soporte, Amparo Fondevila; a directora de Enfermaría, Isabel Campos; e a supervisora de Formación Continuada, María Luísa Fraga Durante este acto de benvida, a directora de Procesos destacou o importante papel da Enfermaría para "curar" e "tranquilizar"; a directora de Enfermaría invitoulles a "aprender o oficio no día a día" e subliñou que a profesión enfermeira "é a máis bonita do mundo". Pola súa banda, a supervisora de Formación Contiinuada agradeceu que escolleran a área e destacou o papel fundamental dos titores.

 

 
Achegamento á realidade asistencial

 

Os alumnos e alumnas da Enfermaría, ós que se lle daba a benvida hoxe, adquirirán coñecementos nos ámbitos tanto médicos como cirúrxicos e de saúde mental. Estarán divididos en grupos que se incorporarán ós distintos departamentos en diferentes períodos temporais ó longo do total do seu curso académico, ata o mes de maio. Estes alumnos e alumnas estarán acompañados nos centros polos seus titores. O alumnado de cuarto, pola súa banda, van por críticos, atención comunitaria e maternal e infantil.

 

 
No acto de benvida esta mañá, as claves foron recordar que o importante é o paciente, a responsabilidade que iso leva consigo; e lembrar que o secreto profesional e a confidencialidade non son só unha cuestión ética, senón regulada por lei. A supervisora de Formación Continuada, María Luísa Fraga, adiantoulles consellos prácticos no día a día, e invitounos a manter unha continua formación e unha relación estreita tanto co paciente como cos profesionais doutras categorías. Falou, entre outras cuestións, do importante da hixiene e lavado de mans; do obrigado coñecemento dos protocolos de accidentes biolóxicos; da importancia de estar identificado; da actitude como elemento clave; de familiarizarse cos espazos e os profesionais; da protección dos datos de carácter persoal e da confidencialidade; e de garantir o dereito e, a dignidade e a intimidade do paciente.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss