O SERGAS, FINALISTA NOS PREMIOS EUROPEOS Á CONTRATACIÓN PÚBLICA DE INNOVACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 09 2021
 

​O Servizo  Galego de  Saúde,  é uns dous candidatos finalistas na primeira edición dos European  Innovation  Procurement  Prize, uns galardóns que teñen como finalidade recoñecer os casos máis relevantes de compradores, tanto públicos e privados, sobre prácticas de adquisición de innovación en Europa.

Estes premios, marcan como obxectivo dar visibilidade á importancia dunha estreita cooperación entre o comprador e o provedor para levar as solucións innovadoras ao mercado. Trátase dunha das iniciativas do European Innovation Council (EIC) destinada a apoiar e fomentar a contratación de innovación na Unión Europea.

O Servizo  Galego de  Saúde é finalista nunha das tres categorías, a denominada Innovation  procurement  strategy  award na que se premian estratexias a longo prazo que desencadean diferentes adquisicións de innovación, solucións e prácticas sostibles, xunto a  outras propostas de España, Francia, Polonia e  Países  Baixos.

A candidatura  do Sergas, titulada The Galician  Innovation  Journey  in  search  of  PPI  Solutions for Active  and  Healthy  Ageing (INNO-AHA SERGAS) mostra a aposta da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde desde o ano 2012 pola compra pública innovadora con proxectos como Hospital2050 e Innovasaúde, Código100 e proxectos actualmente en marcha como Innova  MicroLab,  Innovatrial ou  Labsaúde -o primeiro  living  lab de saúde do SERGAS-.

Ademais a candidatura inclúe o recoñecemento de Galicia como unha das rexións de referencia europea no desenvolvemento, a adopción e escalado de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable.


Próximos pasos

Cada semifinalista será convidado a unha audiencia privada cos membros do xurado que se levará a cabo de forma remota en outubro de 2021. As audiencias seguirán un procedemento estrito que permite a cada solicitante presentar a solicitude presentada e responder as preguntas do xurado.

Logo, os membros do xurado seleccionarán un gañador e un finalista por categoría, e serán anunciados no Cume do EIC do 24 ao 25 de novembro de 2021.

Ademais do prestixioso recoñecemento, o gañador de cada categoría será recompensado con 75.000€, mentres que cada un dos segundos clasificados recibirá 25.000€. Tamén se convidará a todos os semifinalistas a unirse a un grupo de compradores pioneiros para mostrar a súa experimentación e obter inspiración das experiencias doutros compradores, por exemplo, para aprender sobre novos enfoques a través do intercambio de boas prácticas, iniciativas, ideas e innovacións.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss