PROFESIONALES DEL ÁREA SANITARIA DE FERROL APRENDEN A MEJORAR LA COMUNICACIÓN CON El PACIENTE EN LA I JORNADA DE HUMANIZACIÓN EN LA ASISTENCIA SANITARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
21 10 2021

​Preto de medio centenar de profesionais de tódalas categorías da Área Sanitaria de Ferrol reuníanse onte no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide na I Xornada de Humanización na asistencia sanitaria. Segundo os organizadores, o obxectivo xeral é "mellorar a comunicación verbal e non verbal entre os profesionais da Área Sanitaria de Ferrol cos pacientes e familiares”. O eixe é a comunicación entre as persoas. Entre os obxectivos específicos figuran tamén afondar no proceso de comunicación como elemento indisociable do proceso asistencial e nos conceptos de linguaxe non verbal; describir as xeneralidades do proceso de comunicación; mellorar a linguaxe corporal no proceso asistencial; e potenciar a calidade da asistencia e a satisfacción dos pacientes.

 

 
Dende a subdirección de Humanización, Calidade e Atención á cidadanía parten da base de que a presión asistencial e a complexidade técnica dos servizos sanitarios, ás veces dificulta o establecemento dunha auténtica escoita activa, que permita recoñecer o que é verdadeiramente importante para pacientes e persoas achegadas.

 

 

 
Na actualidade, as decisións terapéuticas son en moitas ocasións de gran complexidade e con opcións múltiples, de xeito que a toma de decisións compartida cobra especial relevancia. Para este tipo de proceso precísase compartir datos e información, o que implica o coñecemento necesario tanto para a súa exposición como para a súa comprensión, adaptando a mensaxe ás capacidades das persoas.

 

 

 

 

Nese senso, o xerente da Área, Ángel Facio Villanueva, valoraba durante a presentación do encontro "a importancia da medicina narrativa, que recupera o concepto de escoitar, porque tratamos pacientes e non só enfermidades”.  Pola súa banda, o subdirector de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía, destacaba pechando o acto, o agradecemento ós e ás profesionais "de moi distintas categorías sanitarias e non sanitarias” que decidiron "dedicar todo un día a tentar mellorar todos estes aspectos”, xa que "non é tarefa doada pero que é esencial para os nosos pacientes”.
 

 

Saúdos de Comunicación da ÁREA SANITARIA DE FERROL do SERGAS.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud