A PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN NAS PROBAS DA OPE DO SERGAS QUE SE CELEBRAN HOXE ACADA O 76%
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 10 2021
 
Un total de 1.147 aspirantes acudiron hoxe ao Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, ás probas selectivas da oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde, iniciadas o 18 de setembro. O número de persoas que se presentaron supón unha participación no día de hoxe do 76% (1.494 convocados).
 
Esta fin de semana realizaranse os exames para cubrir 190 prazas. Hoxe sábado estaban convocados os aspirantes a cubrir 86 prazas de técnico en farmacia, e mañá domingo están convocados 1.522 aspirantes da categoría de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico para cubrir 104 prazas.
 

Coa realización destes exercicios concluirán as probas selectivas para cubrir 1.311 prazas de 48 categorías/especialidades de persoal sanitario licenciado e técnico, que se iniciaron o 18 de setembro e que se desenvolveron ao longo de oito xornadas de exame.

Como en anteriores procesos selectivos, para dar cumprimento ás esixencias de obxectividade e imparcialidade na selección das persoas aspirantes, reforzáronse as medidas de seguridade coa posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición, garantindo deste xeito o seguimento de todo o proceso, así como a selección aleatoria e automatizada das preguntas do exame.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss