COMEZA A VACINACIÓN CONXUNTA CONTRA A COVID E A GRIPE PARA PERSOAS DE 80 OU MÁIS ANOS EN 25 CENTROS DE SAÚDE CABECEIRA DE COMARCA DA ÁREA SANITARIA COMPOSTELÁ
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
25 10 2021

A área sanitaria de Santiago de Compostela e  Barbanza puxo en marcha esta mañá a campaña de vacinación conxunta contra a covid e a gripe para persoas de 80 ou máis anos en 25 centros de saúde cabeceira de comarca.  En total, nestes centros de saúde están citadas máis de 2.200 persoas vía SMS.   Na área sanitaria compostelá hai unhas 30.000 persoas correspondentes a esta franxa de idade e prevese que en 3 semanas estean todos chamados para que lle administren a terceira dose da vacina contra a covid e a gripe.

Amais, a partir de hoxe comezouse a vacinar contra a gripe ás persoas de 65 ao máis anos nos 76 centros de saúde da área, así como as persoas institucionalizadas de maneira prolongada  (residencias de maiores e con discapacidade e traballadores destas institucións, onde  tamén se está vacinando).

Dende o 15 de novembro convocarase ás persoas de 60 a 64 anos, ás persoas menores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e no puerperio, os prematuros de 6 meses a 2 anos, o persoal de servizos esenciais, o persoal de exposición laboral, e ademais, o persoal das oficinas de farmacia.
 
A campaña que comezou a semana pasada cos profesionais dos centros sanitarios prolongarase até finais de decembro.
 
Resultados campaña anterior
 
O ano pasado vacináronse, na nosa área sanitaria, máis do 72% da poboación de 65 ou máis anos e o 76% de 75 ou máis anos.
 
 
 

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss