​A XUNTA COMEZA A VACINACIÓN FRONTE Á GRIPE DOS CONVIVENTES CON PERSOAS DE RISCO E DO RESTO DA POBOACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 11 2021
 

A Xunta de Galicia comeza a campaña de vacinación fronte á gripe dos conviventes con persoas de risco (inmunodeprimidos, persoas de idade avanzada, etc.) e do resto da poboación.

A campaña iniciouse o 25 de outubro, coa vacinación dos maiores de 65 anos, ademais dos usuarios das residencias de maiores e discapacitados, e os traballadores destas institucións.  O pasado día 15 de novembro, continouse coa vacinación das persoas de 60 a 64 anos, persoas menores de 60 con patoloxías de risco; embarazadas e puerperio; prematuros de 6 meses a 2 anos; persoal de servizos esenciais; persoal de exposición laboral; e, ademais, o persoal das oficinas de farmacia.

No que levamos de campaña, un total de 584.726 persoas xa se vacinaron contra a gripe.

Comeza agora, pois, o período para a vacinación contra a gripe dos conviventes con persoas de risco e do resto da poboación.

A Consellería de Sanidade lembra que as persoas que pertenzan á poboación diana da gripe poderán solicitar a súa cita de vacinación a través da web e as aplicacións do Sergas; no seu centro de saúde, ou mediante unha chamada telefónica.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss