O CENTRO DE SIMULACIÓN CLÍNICA INTEGRAL DA ÁREA SANITARIA COMPOSTELÁ INTEGRA NOVA APARATAXE COA TECNOLOXÍA MÁIS VANGARDISTA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 04 2022

Santiago, 08 de abril de 2022- O Centro de Simulación Clínica Integral de Santiago de Compostela incorpora nova tecnoloxía vangardista para continuar co seu labor de formación na excelencia aos profesionais sanitarios do centro, estudantes universitarios e para que sanitarios composteláns poidan compartir os seus coñecementos con especialistas de diferentes países. Así, recentemente foi incorporado un Simulador avanzado de doente Laerdal SimMan 3G Plus, o máis completo de Galicia e un novo Fantoma neonatal de reanimación o que supón que cada “ainda que é de recente creación, o centro continúa crecendo e incrementando o seu uso entre os profesionais da área” xa que a súa posta en marcha supuxo “unha innovación moi importante tanto na docencia pregrao como na formación continuada” da sanidade pública compostelá, subliña Luz Couce, coordinadora e impulsora do centro. “De feito, -engade- temos moita demanda para facer cursos de instrutores de simulación”.

Nas súas aulas de simulación perinatal e médico cirúrxica, na de habilidades técnicas e no debriefing room xa se formaron máis de 1.200 sanitarios (tanto presenciais com o on line) e diferentes profesionais composteláns impartiron clases prácticas online a especialistas doutros hospitais, como o Siriraj Hospital de Bangkok.

A posta en marcha do Centro de Simulación Clínica Integral da área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza supuxo un importante avance no sistema de aprendizaxe por simulación coa incorporación de alta tecnoloxía de vangarda na sanidade pública compostelá, reafirmando a súa tradicional situación de liderado na docencia e innovación médica.

O valor inicial da aparataxe deste novo centro, superou os 700.000 euros, que se incrementou coa incorporación de nova tecnoloxía valorada en máis de 73.000 euros. Ata entón, os Centros de Simulación se deseñaron con ámbito eminentemente local e presencial pero as circunstancias e a tecnoloxía actuais permitiron incrementar substancialmente o seu potencial de educación a distancia, constituíndo un dos feitos diferenciais fundamentais do CESIS.
O Centro de Simulación Clínica Integral compostelá CESIS xurdiu da sinerxía da área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), co obxectivo primordial de poder impartir aos profesionais sanitarios unha mellor formación continuada con práctica de habilidades de procedementos específicos sen risco para o paciente e potenciando prácticas de seguridade clínica. A evolución tecnolóxica permitiu expandir a formación médica dunha contorna teórica a unha real e práctica, pero sen a presenza dun paciente.
Este centro foi dotado para ir un paso máis aló e concentrar a Alta Capacitación de profesionais da área Sanitaria de Santiago pudendo transmitir esta experiencia fóra do ámbito local con ferramentas que se encadran na formación a distancia ou xerar a posibilidade contraria e poder formar aos profesionais sanitarios galegos coa colaboración de expertos internacionais sen a necesidade de que estes estean presentes fisicamente no centro.
Contorna de Simulación Conectada
O CESIS cobre todos os escenarios posibles nos que actúan os profesionais sanitarios, tanto situacións en medicina e técnicas perinatais como situacións de emerxencias ou técnicas médicas e procedementos cirúrxicos. Inicialmente, dotárase ao Centro de tres Aulas de Adestramento e unha sala de estratexia (debriefing room) conectadas, onde se revisa, planifica e expón o procedemento que se vai a realizar e posteriormente analízanse metodicamente as experiencias en simulación, é dicir, estúdase concienzudamente que sucedeu e por que.
As Aulas están divididas en tres temáticas por motivos funcionais, pero é posible modificar a súa estrutura segundo as necesidades formativas que se queiran expor. Dispón dun Sistema multimedia conectado OneviewX: idéntico ao que xa existe en Salas de Intervencionismo e Quirófanos Conectados; permite interrelacionar en tempo real a través da rede con outros Hospitais ou Centros de Formación, conectando a contorna de simulación local a nivel global.
1. Área de simulación perinatal. Con capacidade para xerar o escenario simulado de calquera situación que poida presentarse nun Servizo de Neonatoloxía ou UCI neonatal ou nun paritorio. Dispón de: Simulación dunha sala de Reanimación neonatal e unha UCI neonatal; 2 berces térmicos; Sistemas de soporte respiratorio: Ventilación mecánica invasiva e non invasiva; Simuladores neonatais SimNewB e o “Gran prematuro Paul”, o máis avanzado no eido da simulación médica e do que foi o primeiro en chegar aos centros españois. E o recentemente incorporado Fantoma neonatal de reanimación
2. Área para realizar Simulación Médico-Cirúrxica. Con posibilidades de crear contornas virtuais que simulan desde unha Sala de Pacientes Críticos en Servizo de Urxencias, un quirófano con procedementos urxentes ou programados incluíndo equipo de Anestesia, ou mesmo unha Unidade de coidados Intensivos médico-cirúrxicos. Dispón de: Simuladores de RCP pediátrica e de adultos; Simulador de Cirurxía Robótica Da Vinci, Simulación de diagnóstico ecográfico, con ecocardiografía, ecografía pulmonar e ecografía dixestiva, Simulación endoscopia dixestiva; Simulación broncoscopia. E o novo   Simulador avanzado de doente Laerdal SimMan 3G Plus.
3. Área de habilidades técnicas nace para a práctica de procedementos específicos, en particular a reanimación cardiopulmonar pediátrica e do adulto para o que conta con fantomas para canalización de vías e exploración, así como outros de exploración xenitourina.

 

Saúdos,

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss