ADOS CONVIDA Á CIDADANÍA A DOAR SANGUE PARA INCREMENTAR AS RESERVAS NESTAS DATAS PREVIAS AOS FESTIVOS DE SEMANA SANTA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
09 04 2022

 

​ A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a cidadanía galega a doar sangue nos días previos aos festivos de Semana Santa, en especial aos doantes A Positivo e 0 Positivo. As reservas destes dous grupos sanguíneos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS.
 
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En períodos vacacionais, como Semana Santa, pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue. Neste sentido, lembrar que durante todos os días do ano, precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para que os hospitais galegos realicen o seu labor asistencial de maneira axeitada.
 
 Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:

  

DATA
CONCELLOS
Luns 11 de abril
Pontedeume, Os Rosales e Os Mallos (A Coruña), Silleda, Muros,
 Vilanova de Arousa, A Cañiza, Fornelos de Montes, Mondoñedo, Rúa do Paseo (Ourense)
Martes 12 de abril
Cedeira, Sada, Canton-Obelisco (A Coruña), Bertamiráns (Ames), A Picota (Mazaricos),
O Grove, Balaídos e Rúa Príncipe (Vigo), Ribadeo, Xinzo de Limia
Mércores de 13 abril
Miño, A Laracha, Vilaboa, Area Central (Santiago), Sigüeiro (Oroso), Caldas de Reis, Ponteareas,
Rúa Príncipe (Vigo), Praza Horta do Seminario (Lugo), O Posío (Ourense)
Sábado 16 de abril
Cabanas, A Laracha, Milladoiro (Ames), Lalín, Ponteareas, Xinzo de Limia

 

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas

  

CENTRO
HORARIO (Excepto o Xoves e Venres Santo)
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás15.00 horas

 

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.ADOS Lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono arriba citado.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud