A Área Sanitaria de Ferrol súmase un ano máis á conmemoración do Día do Neno Hospitalizado. O 13 de maio de 1986 o Parlamento Europeo emitiu a resolución da Carta dos Dereitos do Neno Hospitalizado, para asentar e reforzar a idea de que o dereito á mellor asistencia médica posible, constitúe un dereito fundamental tamén para eles.
A Área Sanitaria de Ferrol, contando coa colaboración do Servizo de Pediatría no seu conxunto, coa Aula Hospitalaria, así como con diversos profesionais de distintos servizos e unidades non quixeron deixar pasar este día e realizaron un video, diversos carteis promocionais e unha xuntanza ás 12 horas na entrada do Hospital Arquitecto Marcide en conmemoración deste día tan sinalado.