O XERENTE DO SERGAS AGRADECE ÁS FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE O SEU TRABALLO A PROL DA SAÚDE DOS GALEGOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 05 2022

​O xerente do Sergas, José Flores, participou esta mañá nunha xornada sobre seguridade no eido hospitalario, organizada pola área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. No transcurso do acto, ao que asistiron tamén o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o xerente da área sanitaria, Ramón Ares, Flores agradeceu á garda civil, policía nacional e local, bombeiros e protección civil, entre outros colectivos, o seu traballo a prol da saúde da poboación galega.

José Flores destacou especialmente o labor das forzas e corpos de seguridade na contención da pandemia da covid, velando polo cumprimento das normas, e manténdose, -dixo-, ao carón do persoal sanitario, en primeira liña de resposta, atendendo emerxencias e asumindo novas tarefas que foron xurdindo polas esixencias da pandemia, e non tendo máis propósito que o de salvar vidas.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud