GALICIA CONTINÚA SEN CASOS CONFIRMADOS DA VARÍOLA DO MONO AO RESULTAR NEGATIVAS AS TRES PRIMEIRAS MOSTRAS ENVIADAS AOS LABORATORIOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
27 05 2022

Galicia continúa sen ter casos confirmados da denominada varíola do mono, ao obter senllos resultados negativos as probas  dos tres primeiros posibles casos detectados na comunidade.
 
Nas últimas horas, a Dirección Xeral de Saúde Pública comunicou ao Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, dous novos posibles casos de infección, ascendendo ata 5, o número total de persoas que presentaron un cadro compatible coa varíola do mono.
 
Nestes intres, Sanidade fica á espera de que o Instituto de Saúde Carlos III avalíe nos seus laboratorios estas dúas últimas mostras remitidas desde Galicia. Cómpre salientar que estes dous novos posibles casos atópanse estables e non requiriron de ingreso.
 
Desde que recibiu a alerta internacional sobre a varíola do mono, o pasado martes 17 de maio, o departamento sanitario da Xunta mantense vixiante para poder identificar e confirmar/desbotar, os posibles casos desta enfermidade.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud