​109 RESIDENTES ESCOLLEN A ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO E BARBANZA PARA REALIZAR A SÚA FORMACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
02 06 2022

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2022.- Os hospitais e centros de saúde da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza reciben 109 novos residentes de distintas especialidades médicas, así como de psicoloxía, farmacia, física, bioloxía e de enfermería (distribuídos en 3 especialidades: 8 de enfermería de atención familiar e comunitaria, 2 enfermería de pediatría e 2 de saúde mental).

O alumno co mellor expediente que seleccionou a área compostelá, escolleu Medicina Interna con número 33 e Cardioloxía con 60. Das especialidades non médicas cómpre destacar: co número 2 Radiofísica e co 7, Farmacia.
A especialidade que máis residentes incorpora é Medicina de Familia que pasou a 30 residentes, seguida de Anestesia e Pediatría (6).
A xornada de recepción celebrouse a primeira hora da mañá no edificio Novoa Santos e alí estiveron a Xerente de Área Integrada de Santiago, Eloína Núñez, o Decano da Facultade de Medicina, Julián Álvarez, o subdirector de Enfermería da área compostelá, Felipe García, o Presidente da Comisión de Docencia, Rogelio Leira, e o Xefe de Estudos da Unidade Docente de Medicina de Familia e Comunitaria, Sergio Cinza.

A Xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, dirixiuse aos asistentes para darlles a benvida e agradecerlles ter escollido os centros composteláns para desenvolver a súa especialidade. Aconselloulles aproveitar o potencial asistencial, docente e investigador desta área. Rematou a súa intervención desexando unha feliz residencia a todos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss