A XUNTA DESTACA A INCORPORACIÓN AO SERGAS DE 26 PROFESIONAIS DE ENFERMERÍA ESPECIALISTA EN SAÚDE MENTAL NOS TRES ÚLTIMOS ANOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 06 2022

 
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugurou esta mañá a III Xornada Galega de Enfermería de Saúde Mental. Durante o acto, salientou a importancia de traballar na prevención e na promoción dos hábitos saudables de saúde mental, co ánimo de evitar o desenvolvemento dun problema agudo.
 
Na xornada, celebrada esta mañá no Hospital Lucus Augusti, o titular do departamento sanitario da Xunta destacou a incorporación de 26 profesionais desta especialidade ao Servizo Galego de Saúde, nos últimos tres anos. Así, apuntou que o persoal de enfermería especializado en Saúde Mental é fundamental para levar a cabo os programas de prevención do suicidio, así como para o axeitado funcionamento das unidades de saúde mental ou dos hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenil.
 
García Comesaña incidiu en que é preciso apoiar, visibilizar e sobre todo traballar na prevención dos problemas de saúde mental. Neste senso, apuntou que o Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, prevé a incorporación de 241 novos profesionais, dos que case un terzo -66-, serán especialistas en enfermaría de saúde mental.
 
“Ata o momento contratamos á metade dos profesionais previstos -120-, e deles, 26 son profesionais da enfermería especialista en saúde mental”, desgranou o conselleiro.
 
Entre outras medidas, nos últimos anos a Xunta de Galicia leva posto en marcha catro hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenil, o último deles, precisamente no Hospital Público de Lugo. Con todo, o obxectivo é acadar que cada unha das áreas sanitarias conte coa súa propia unidade especializada, e dotala dun equipo de profesionais integrado por persoal de psiquiatría, psicoloxía, enfermería de saúde mental e traballo social.
 
Ademais, durante o presente ano, a Xunta completará a implantación de senllas unidades de prevención do suicidio nas sete áreas sanitarias que integran o Servizo Galego de Saúde. Así, todas elas contarán con persoal de enfermería especializado en Saúde Mental.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud