​A OFTALMÓLOGA DO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE FERROL, NURIA OLIVIER PASCUAL, PREMIADA NO XXV CONGRESO ANUAL DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE VÍTREO E RETINA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 06 2022
 
A doutora da sección de Retina do CHUF, Nuria Olivier Pascual;  vén de acadar a vitoria no Certame Oftal20, logrando unha Beca de Innovación, que conta cunha dotación económica de 3.000 euros para poder realizar unha estadía formativa nun centro de referencia nacional ou internacional, ademais do correspondente trofeo e diploma acreditativo.
 
Durante o XXV Congreso da Sociedade Española de Vítreo Retina, celebrado nas xornadas do 17 e 18 de xuño,  levouse a cabo a final do certame ‘Oftal20’, que se viña celebrando con carácter semanal durante o mes de xuño, e que consistiu en 20 preguntas tipo test a responder en menos de 15 segundos.
 
Neste senso, os gañadores de cada semana beneficiáronse dunha Beca de Participación, consistente nunha axuda para a inscrición a algún congreso ou reunión científica.

 

Na gran final, que tivo lugar en Madrid, os 20 primeiros clasificados a nivel nacional sometéronse a un novo test, esta vez centrado en preguntas sobre a retina, resultando vencedora do certame ‘Oftal20’, a doutora do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, Nuria Olivier Pascual.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud