​A XUNTA INCREMENTA NUN 13 % O ORZAMENTO DAS AXUDASPARA PROGRAMAS PROMOVIDOS POR CONCELLOS DIRIXIDOS Á PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 07 2022

O Consello da Xunta autorizou hoxe a convocatoria 2022-2025 de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da nosa comunidade autónoma. A contía das subvencións que poderá conceder a Xunta ascende a 2.513.463 euros, e supón un incremento do 13,55 % respecto da anterior convocatoria, co obxectivo de aumentar o número de concellos que poidan acadar unha subvención e incrementar así a cobertura dos programas de prevención das condutas adictivas en Galicia.

A Consellería de Sanidade introduciu unha serie de cambios nesta nova convocatoria de axudas para actualizala e mellorala respecto á anterior. Entre as máis significativas está a eliminación do límite de proxectos subvencionables, que na convocatoria 2019-2022 se situaba en 40 proxectos. 

Ademais, introducíronse cambios nos criterios de baremación, ao eliminar o índice de risco epidemiolóxico, xa que se considera que era un indicador que non achegaba información útil á hora de repartir os fondos dispoñibles. Xunto ao anterior, a Xunta reduce as cargas administrativas, ao permitir a remisión das xustificacións económicas a través de arquivos electrónicos en formato folla de cálculo.

As actividades desenvolvidas no marco destas subvencións van permitir potenciar a protección e redución do impacto de factores de risco asociados ao consumo de substancias psicoactivas. Tamén se promocionará a adopción de estilos de vida saudables e de ocupación de tempo libre entre a mocidade galega, ademais de fomentar a función de axentes de saúde das familias e doutros colectivos implicados na prevención. 

Estas actividades buscan, así mesmo, reducir a incidencia de problemas sociosanitarios relacionados co uso e o abuso de substancias psicoactivas e con certas adiccións comportamentais, entre outros obxectivos.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud