A ENFERMERÍA DO CENTRO DE SAÚDE DA ESTRADA RECIBE O PREMIO DO CONSELLO XERAL DE ENFERMERÍA TRAS SER AVALIADO POR 3.000 PROFESIONAIS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 07 2022

A atención primaria da Estrada conta coa mellor enfermaría dos centros de saúde da España segundo o ránking do Monitor de Reputación Sanitaria (MRS) e o Consello Xeral de Enfermería, que se realiza en base a análise da opinión de 3.000 profesionais de enfermaría de todo o pais. Así se fixo público na entrega dos galardóns celebrada onte en Madrid.

O premio, que cumpre a súa sétima edición, recoñece o labor destas profesionais (un equipo de enfermería formado por máis 30 persoas) no transcurso dos anos 2020/2021, é dicir, inclúe os duros momentos vividos pola pandemia.

Para a xerente da área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, este premio é “un recoñecemento ao grande esforzo dos profesionais da enfermaría deste centro que demostraron, unha vez máis, o seu compromiso ante a situación complicada e inédita que causou o coronavirus”.

Pola súa banda, o responsable do centro de saúde, Juan Sánchez, indica que é un premio “merecido para un equipo de enfermería motivado, preparado e resolutivo que mestura mocidade e experiencia e que funciona de xeito harmónico co resto do equipo no ámbito asistencial e en todos os proxectos de investigación e innovación”.

Dende o centro de saúde da Estrada “promovemos que os equipos de enfermería teñan a capacidade de liderar moitos aspectos dos procesos clínicos tanto agudos como crónicos, nos que a enfermería aporte una valor engadido dada a súa proximidade cos pacientes”. 

O centro de sáude da Estrada consegue deste xeito un recoñecemento máis que se vén sumar aos premios Best in class como mellor centro de saúde en sucesivas edicións.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud