A XUNTA INVISTE PRETO DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS NA ADQUISIÓN DUN EQUIPO DE RESONANCIA MAGNÉTICA NUCLEAR PARA O HOSPITAL DA CORUÑA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 08 2022

O consello da Xunta de Galicia vén de autorizar a adquisición dun equipo de Resonancia Nuclear Magnética (RNM) que terá como destino o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e que substituirá a un dos xa existentes. O importe total desta compra ascende a preto de 1,5 millóns de €.

Con este investimento, o goberno galego continúa coa súa aposta por reforzar o equipamento dos centros sanitarios, na procura de acadar unha optimización dos servizos asistenciais da comunidade, e así garantir unha axeitada cobertura sanitaria ao conxunto da poboación galega.

Este novo equipo de RNM permitirá realizar unha ampla gama de procedementos, mellorando os tempos e os resultados, así como ofrecer diagnósticos máis precisos.

Equipamento Plan INVEAT

Este ano os Orzamentos da Xunta incorporan 61,’3 millóns para renovar e ampliar o equipamento de diagnóstico por imaxe en toda Galicia. Esta suma é resultado da proposta que presentou a Xunta ao Plan INVEAT, un instrumento creado polo Ministerio de Sanidade para canalizar os fondos Next Generation cara á renovación e ampliación dos equipamentos de diagnóstico por imaxe no Sistema Nacional de Saúde. Galicia recibiu un 7,7% dos fondos a repartir neste Plan.

Con todo, a Xunta de Galicia ten decidido complementar estes fondos europeos distribuídos polo Goberno central con fondos do orzamento autonómico para poder adquirir equipos dunha gama de calidade máis alta, como sucedeu na adquisición de TACs de tecnoloxía espectral ou resonancias magnéticas.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud