A XUNTA APOSTA POLA DIXITALIZACIÓN DA SAÚDE PÚBLICA, COA PROMOCIÓN DO SOFTWARE DE XESTIÓN DE LABORATORIO PARA ESTA DIRECCIÓN XERAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 08 2022

Xunta vén de licitar un contrato para a subministración, instalación e posta en marcha dun software de xestión de laboratorio (LIMS) para a Dirección Xeral de Saúde Pública. O conselleiro de Sanidade xa anunciara nunha visita ao Laboratorio, situado en Lugo, investimentos para renovar e modernizar o equipamento deste centro. En palabras de García Comesaña, “o maior investimento nun só exercicio dende a posta en marcha do Laboratorio” co que se terían investido nel “preto de 4 millóns de euros dende 2015”.

O Laboratorio de Saúde Pública é a unidade provedora das determinacións analíticas derivadas dos programas de vixilancia e control oficial que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade no ámbito da protección da saúde, tanto no caso da seguridade alimentaria como da sanidade ambiental.

Para a contratación do software prevese un presuposto base de licitación que supera os 400.000 euros. Financiado ao 100 % no marco do eixo REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia (2014-2020). Esta contratación pon de manifesto a aposta da Xunta pola saúde pública. En primeiro lugar, coa automatización dos procesos relacionados coa vixilancia epidemiolóxica, os programas de cribado e a xestión das vacinas. Así mesmo, tamén se promoven accións arredor da Escola Galega de Saúde Pública, en prol da promoción da formación interna e externa; e da investigación e innovación en saúde pública.

Outra das liñas, diríxese á dixitalización neste ámbito. Mostra diso é o proxecto do Observatorio de Saúde Pública para Galicia, a plataforma de contidos sobre hábitos de vida saudables, ou o software de xestión de laboratorio (LIMS) para a Dirección Xeral de Saúde Pública.

En definitiva, con esta contratación incídese na axilización dos procesos, facilitando a comunicación entre os distintos departamentos e, polo tanto, a mellora da eficiencia en todo o sistema. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud