A CONSELLERÍA DE SANIDADE ACOLLE UNHA SESIÓN DE FORMACIÓN DO PROGRAMA VI-DA PARA A PREVENCIÓN E DETECCIÓN DA DEPRESIÓN E CONDUTA SUICIDA EN MENORES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
02 09 2022

O salón de actos da Consellería de Sanidade acolleu hoxe a segunda sesión do módulo presencial do denominado adestramento de “Gatekeepers”, que se inclúe no programa Vi-Da (Vixiantes de Axuda), dentro do Plan de Prevención do Suicidio de Galicia.

O programa, que coordina a dirección xeral de Asistencia Sanitaria da Consellería de Sanidade e a dirección xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude, conta coa participación de técnicos da Fundación Lar pro saúde mental. O obxectivo do programa Vi-Da é a prevención e detección da depresión e da coduta suicida en menores, especialmente aqueles que presentan factores de risco de problemas de saúde mental. Nos módulos de adestramento como o celebrado hoxe participan profesionais que traballan en centros xestionados pola Consellería de Política Social para a atención aos menores integrados no Sistema de Protección. Estes profesionais reciben formación sobre detección, avaliación do risco suicida, toma de decisións e derivación a intervención sanitaria.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud