As Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Medio
Rural; e Sanidade, en colaboración coa Federación Galega de Caza,
veñen de ofertar a primeira edición do Curso
de persoa cazadora con formación, organizado
pola Escola Galega de Saúde Pública, que se desenvolverá o día
14 de outubro de 2022 no salón de actos da Consellería de Sanidade,
en Santiago de Compostela.
O
obxectivo do curso é obter a credencial como persoa cazadora con
formación, mediante a acreditación dos coñecementos para realizar
o control in situ, sanitario e de hixiene das pezas de caza silvestre
abatidas para seren destinadas ao consumo humano, así como do
control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de
sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior, establecidos
na normativa de aplicación (Regulamento
(CE) nº 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril
de 2004, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos
alimentos de orixe animal e Real Decreto 50/2018, do 2 de febreiro,
polo que se desenvolven as normas de control de subprodutos animais
non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica
cinexética de caza maior).
Este
curso de persoa cazadora con formación, que agora se vai a ofertar a
través da Escola Galega de Saúde Pública, vén de cumprir cos
requirimentos da normativa europea, nacional e autonómica.
Os
contidos do curso inclúen catro módulos que se desenvolverán ao
longo de sete horas, co que se pretende sensibilizar as persoas
cazadoras sobre a importancia que ten a súa actuación desde o punto
de vista da seguridade alimentaria, da sanidade animal e da
sustentabilidade ambiental.
Coa
superación deste curso, a persoa cazadora formada estará habilitada
para facer o primeiro exame da peza abatida, distinguindo se esta e
as súas vísceras teñen un aspecto normal, ou pola contra,
presentan anormalidades que poden xerar dúbidas da posible
inocuidade da carne.
Fomento
da formación en saúde pública na sociedade
Unhas
boas prácticas á hora do manexo das pezas de caza non só protexerá
á persoa cazadora formada senón que vai a favorecer a seguridade
alimentaria da carne para consumo humano. Por último, esta
actividade vai a aumentar a formación específica en sanidade animal
das persoas cazadoras, incidindo en que os brotes de enfermidades
tamén poderían ter un impacto negativo no medio ambiente e na
sanidade animal en animais domésticos e fauna silvestre, non só
polos problemas de eliminación dos subprodutos, senón, tamén,
polas súas consecuencias para a biodiversidade.
Esta
é a primeira actividade organizada pola Escola Galega de Saúde
Pública para colectivos diferentes do persoal sanitario, cumprindo
así cun dos obxectivos da Escola, como é o fomento da formación en
materia de saúde pública na sociedade. O número de prazas
ofertadas nesta primeira edición é de 50, e, en función da
acollida, valorarase a realización doutras edicións nas diferentes
provincias co obxectivo de que todas as persoas cazadoras podan
acceder a esta formación.
Os
requisitos para a inscrición neste curso, que comenzou onte e remata
o sete de outubro, son estar empadroado en Galicia e ter a licenza de
caza en vigor no momento da inscrición no curso.
A
inscrición realizarase cubrindo o formulario que aparece no seguinte
enlace web https://enquisas.xunta.gal/index.php/217771?lang=gl
e
a selección será por riguroso orde de inscrición.
Pódese
consultar o programa do curso así coma outra información de
interese na seguinte páxina web:
https://www.sergas.gal/Saude-publica/EGSP-curso-caza.