O CENTRO DO GRUPO STELLANTIS DE VIGO CONTINÚA SENDO A EMPRESA ESPAÑOLA CON MAIOR PARTICIPACIÓN EN DOAZÓNS DE SANGUE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 11 2022

A cuarta campaña de doazón de sangue que este ano levou a cabo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), nas instalacións do Centro de Vigo do Grupo Stellantis, durante os días 26 e 27 de outubro e 3 e 10 de novembro, finalizou cun excelente resultado de 712 profesionais que doaron sangue, o que supón ter acadado unha suma de 71.792 doazóns dende o ano 1995. Desta xeito, á factoría viguesa consolídase como a empresa española con maior índice de participación nas campañas de doazón de sangue. 


No que vai do presente ano, ADOS realizou catro campañas de doazón no Centro de Vigo do Grupo Stellantis, acumulando un total de 2.320 doazóns. A este respecto, a Axencia quere poñer en valor a contribución xenerosa dun dos principais centros de referencia do tecido industrial galego que, dende sempre, ten amosado o seu compromiso coa sociedade galega e co altruísta xesto da doazón tanto de sangue como de órganos.

Traxectoria solidaria

Hai 27 anos, a factoría de Vigo do Grupo Stellantis comezou a acoller campañas de doazón de sangue promovidas dende a Consellería de Sanidade e que, na actualidade, afianzan a esta empresa como un referente social de primeira orde no ámbito do altruísmo.

Salientar que grazas a colaboración dos 712 traballadores e traballadoras da empresa viguesa que doaron sangue nesta cuarta campaña promovida por ADOS, poderán realizarse, por exemplo, máis de 355 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de 143 enfermos oncolóxicos.

Sensibilización e colaboración

ADOS quere poñer en valor a implicación e compromiso do Centro de Vigo do Grupo Stellantis co desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, amosando unha vez máis a xenerosa colaboración brindada por esta empresa a prol do solidario xesto da doazón.

Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere agradecer o seu compromiso e colaboración á Dirección do Grupo Stellantis de Vigo e de todos os departamentos que integran a empresa, facendo, como non podía ser doutro xeito, extensivo este agradecemento a todos os profesionais que doan sangue. 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud