A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) invita á cidadanía galega a doar sangue nas xornadas previas á primeira ponte festiva do mes de decembro. ADOS subliña que, nestes momentos, precísase aumentar o número de doazóns dos tipos A Positivo, Cero Positivo e Cero Negativo, xa que, ao longo das últimas semanas detectouse un incremento da demanda destes grupos sanguíneos.
As pontes festivas e os períodos de vacacións precisan dun reforzo no chamamento á cidadanía xa que, nestas épocas do ano, pode descender o número de doazóns pero non acontece o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais. Neste sentido, lembrar que, todos os días, Galicia precisa entre 400 e 500 doazóns de sangue para asegurar o correcto funcionamento dos centros sanitarios galegos.
Desprazamentos
As dez unidades móbiles da Axencia de doazón de Órganos e Sangue visitarán, ao longo dos próximos días, máis de 30 concellos galegos para acadar a participación necesaria que garanta o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos nosos hospitais.
ADOS espera contar coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:
DATAS E CONCELLOS
Sábado 3 decembro
Praza de España (Ferrol), Carballo , Ribeira, A Guarda, Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadanedo.
Luns 5 decembro
As Pontes, Vimianzo, Coristanco, Bertamiráns (Ames), O Pino, Bueu, Salceda de Caselas, Navia (Vigo), Lourenza, Rúa do Paseo (Ourense)
Mércores 7 decembro
As Pontes, Catro Camiños (A Coruña), Curtis, Milladoiro (Ames), Trazo, Caldas de Reis, O Rosal, Navia (Vigo), Ribadeo, A Valenzá (Barbadas),
Venres 9 decembro
Bº San Valentín (Fene), Arteixo, Urb. Rialta (Oleiros), Noia, Negreira, Centro comercial Travesía de Vigo, Marín, Praza Maior (Lugo), Ribadavia
Sábado 10 decembro
Arteixo, Noia, Centro Comercial Travesía de Vigo, Praza maior (Lugo)
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas, excepto os festivos martes e xoves:
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a venres das 8 ás 22 horas
Sábado das 8 ás 15 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a venres das 8 ás 22 horas
Sábado das 8 ás 15 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
Luns das 15 ás 22 horas
Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas
Venres das 8 ás 22 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
Luns e venres das 15 ás 22 horas
Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
Luns e venres das 15 ás 22 horas
Martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Luns e venres de 8 ás 15 horas
Martes, mércores e xoves de 15 horas a 22 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
Luns a venres das 8 ás 22 horas
Sábados das 8 ás 15 horas
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.