​A ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO E BARBANZA ESTREA O NOVO EQUIPO DE BRAQUITERAPIA PARA PACIENTES CON CANCROS XINECOLÓXICOS, PROSTÁTICOS, DERMATOLÓXICOS OU CON PATOLOXÍA BENIGNA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 02 2023

Santiago, 1 de febreiro de 2023.-  O Servizo de Oncoloxía Radioterápica da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza ven de estrear o novo equipo de braquiterapia para os pacientes con cancros xinecolóxicos, prostáticos, dermatolóxicos ou con patoloxía benigna. A primeira paciente, que recibiu tratamento onte, 31 de xaneiro, presentaba cancro de endometrio, unha das indicación que ten a braquiterapia.

 

Esta tecnoloxía para a que a Xunta destinou máis de 500.000 euros supón un novo avance na oncoloxía radioterápica compostelá. Grazas aos fondos de recuperación REACT, os NextGeneration-UE e as achegas do goberno autonómico adquiriuse este aparato que permite ampliar as indicacións a máis pacientes.

 

A braquiterapia é unha técnica da radioterapia que permite aplicar unha fonte radiactiva directamente no tumor, permitindo empregar doses máis altas e minimizar os danos na zona circundante. Este novo aparato admite un acceso a tumores aos que antes non era posible chegar e cubrir mellor as localizacións afectadas.

 

As doutoras Ana Varela Pazos, Mariluz Couselo Paniagua, Nuria Salvador Garrido, Paula Peleteiro Higuero e Ana Carballo Castro son as oncólogas radioterápicas encargadas de administrar a braquiterapia na área compostelá.

 

O pasado ano realizáronse neste servizo 174 implantes (unha media de catro por paciente) un número que aumentará grazas á nova adquisición e as súas aplicacións.

 

Saúdos

 

 ​

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud