​A XUNTA GARANTE AO ALCALDE DE PIÑOR A CONTINUIDADE DA ASISTENCIA MÉDICA NO CENTRO DE SAÚDE DO CONCELLO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 02 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña garantiu ao alcalde de Piñor, José Luis González, a continuidade da asistencia médica no centro de saúde desta localidade ourensá, nunha reunión mantida esta semana na xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, na que estiveron acompañados do delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Felix Rubial. 

O conselleiro confirmou ao alcalde que a próxima xubilación da médico titular do centro de saúde do seu concello non afectará á asistencia sanitaria que recibe a veciñanza e que o centro de saúde manterá a asistencia sanitaria nas mesmas condicións, dispoñendo dunha médico de familia de luns a venres como ata o de agora. 


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud