A REFORMA DO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADAVIA CONVÉRTEO NUN REFERENTE EN EFICIENCIA ENERXÉTICA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 02 2023

A Xunta da por finalizadas as obras de reforma do centro de saúde de Ribadavia iniciadas no 2022 cunha superficie de actuación de 2.800 metros cadrados e nas que se investiron case 700.000 €, o que o converte nun referente e modelo de edificio eficiente enerxeticamente.

O obxectivo principal da reforma do centro de saúde de Ribadavia foi a rehabilitación e a actualización da envolvente térmica do edificio, o que redundará no confort cando traballadores e usuarios estean no interior. Levouse a cabo o seu illamento térmico integral, instalando un sistema que mellore a eficiencia enerxética do edificio. Procedeuse á substitución total da cuberta, incluída a estrutura, substituíndo as chapas metálicas por paneis sándwich con illamento térmico no seu interior; e, tamén, os pechamentos verticais, polo que se cambiaron as carpinterías exteriores por unhas ventás con persianas e vidros dobres baixo emisivos e se aplicou un sistema de illamento térmico exterior.

Así mesmo, realizouse o relevo das lamas de protección solar por uns perfís de aluminio de sección elíptica, que permitan unha maior visibilidade exterior sen reducir o control solar, e mantendo a imaxe horizontal do edificio. Aproveitouse esta intervención para pintar o interior e para unha reforma integral dos aseos do baixo, primeiro e segundo piso, xa que non había aseos accesibles.

A obra foi susceptible de financiación ao 100% no marco do Eixe REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da respuesta da Unión Europea á pandemia da covid-19. 

Renovación de infraestruturas de atención primaria

Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 109 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre máis de 75.000 metros cadrados. A eles hai que engadir as catro que están en marcha (Lugo, Lalín, Arnoia e Porriño). En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, máis de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.

En particular, na provincia de Ourense, nos últimos anos puxéronse en marcha novos centros de saúde como o de A Merca, Toén, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín, Barbadás, Pontedeva, Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz e as reformas de A Peroxa (Os Peares) e de Carballeda de Avia, mentres que se atopan iniciada a reforma do centro de saúde de Arnoia.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud