A ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS E A ASOCIACIÓN DE ENFERMOS DE MENIERE CONMEMORAN O DÍA MUNDIAL DESTA ENFERMIDADE CUNHA MESA INFORMATIVA NO HOSPITAL DE MONTECELO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
07 02 2023
Hoxe martes, 7 de febreiro, celébrase o día mundial da Enfermidade de Meniere. Con tal motivo, a Asociación Española de enfermos de Meniere (ASMES), en colaboración co Servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, instalou unha mesa na entrada do Hospital Montecelo de Pontevedra, desde as 10 ata as 13 horas, na que se ofreceu información a todas aquelas persoas interesadas no tema. A mesa foi visitada polo xerente da área sanitaria, José Flores Arias.

A Enfermidade de Meniere é a segunda causa de vértigo de orixe otolóxica. Preséntase en forma de crise intensa de vertigo, asociada a náuseas e vómitos, perda de audición progresiva e pitidos nos oídos. Estas crises son recorrentes e incapacitantes, sendo unha causa frecuente de baixa laboral e mesmo de incapacidade.

Nestes casos, faise recomendable o seguimento de unidades especializadas en Otoneuroloxía, que xa existen na maioria de centros hospitalarios de Galicia. Queda por avanzar na formación dos médicos de familia en canto ao seu diagnóstico precoz e seguimento da enfermidade.

Na actualidade, o tratamento baséase nunha dieta especifica, medicación e, no caso dunha mala resposta, tratamento cirúrxico. Con estas pautas conséguese unha importante melloría no 90% dos pacientes.

Non se coñece a causa concreta, pero nos últimos 10 anos produciuse un gran avance no seu estudo, sobre todo do seu compoñente xenético e inmunitario. Estes avances suporán, a medio prazo, o desenvolvemento de novos tratamentos que, sen dúbida, aliviarán as molestias.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud