​GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 881 CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
31 03 2023
 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 881, deles 188 son da área da Coruña, 86 da de Lugo, 121 da de Ourense, 105 da de Pontevedra, 150 da área de Vigo, 157 da de Santiago e 74 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 139 en unidades de hospitalización e 737 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 692.233 persoas curadas, rexistrándose 4.108 falecementos.  

O último falecemento rexistrado por coronavirus foi:

29 de marzo:

Muller de 79 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

A persoa falecida tiña patoloxías previas.


O número de PCR realizadas é de 4.063.969.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.640.706.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias 

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves. Ademais, o Sergas ten a súa disposición a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, poderán facelo a través da aplicación SergasMóbil.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; as oficinas de farmacia, e no caso dos profesionais e visitantes dos centros sociosanitarios.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. 

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud