A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), presentou esta mañá os datos de actividade da área de hemodoazón, poñendo de manifesto a boa resposta da cidadanía galega a prol da doazón altruísta de sangue. A directora de ADOS, Marisa López García, e o director xeral de asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, expresaron o seu agradecemento sincero a todas e cada unha das persoas que facilitaron que, no pasado ano, se realizaran 106.339 doazóns de sangue, cifra que permitiu ofrecer unha resposta satisfactoria ás necesidades hemoterápicas dos hospitais galegos.
Novos doantes
As 106.339 doazóns acadadas ao longo de 2022 supón obter unha taxa de 40 doazóns por cada mil habitantes e ano, o que significa que Galicia está dentro dos índices recomendados pola OMS.
ADOS agradece a todos os doantes o seu compromiso, que ten permitido aumentar o número de doazóns, así como acadar 9.624 novos doantes, un 28% máis que o exercicio anterior, incorporándose á actual base de doantes de Galicia.
Neste sentido, é de agradecer a boa disposición e colaboración de todos os concellos galegos, así como as empresas, centros educativos universitarios e non universitarios, colectivos de voluntarios e, en xeral, a toda a cidadanía galega, por posibilitar o mantemento dunha actividade imprescindible para un funcionamento axeitado do noso sistema sanitario.
-
PROVINCIA
|
DOAZÓNS
2020
|
DOAZÓNS
2021
|
DOAZÓNS
2022
|
TAXA
DE DOAZÓN
2022
|
A
Coruña
|
49.843
|
50.720
|
49.129
|
44/1.000
|
Lugo
|
7.828
|
7.828
|
8.121
|
25/1.000
|
Ourense
|
9.945
|
10.318
|
9.659
|
32/1.000
|
Pontevedra
|
37.061
|
37.421
|
39.430
|
42/1.000
|
TOTAL
|
104.637
|
106.287
|
106.339
|
40/1.000
|
Un dos elementos destacados nas estatísticas de participación do ano pasado é a concentración do 46,5% das doazóns nas sete grandes cidades galegas, nas que se rexistraron 49.509, o que supón un índice de 50/1.000. Sendo a cidade de maior taxa de doazóns Santiago de Compostela, con 102/1.000, aínda que, en números totais, foi a o concello de Vigo o que obtivo as maiores cifras, con 13.950 doazóns de sangue.
Participación por concellos
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salienta que o concello con maior taxa de participación de Galicia, excluíndo as sete grandes cidades, foi o municipio coruñés de Padrón, con 93 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.
Na provincia de Lugo, Meira foi o concello con maior taxa de doazóns, cun índice de 54/1.000; na de Ourense, A Pobra de Trives tivo unha taxa de 67/1.000; e na de Pontevedra, o concello de maior participación foi o de Pontecesures, con 70/1.000.
Campañas universitarias e compromiso coa calidade
Un dos apartados nos que ADOS está a desenvolver unha gran actividade, é a campaña de sensibilización en centros universitarios dos sete campus galegos que, no transcurso da primeira fase de doazón nas universidades galegas levada a cabo no presente curso académico, realizada dende finais de setembro ata novembro, acadáronse 2.365 doazóns de sangue; desenvolvéndose, na actualidade, a segunda fase de febreiro a abril.
A Axencia de doazón de órganos e sangue (ADOS) conta cos máis altos estándares de calidade que se poden obter no ámbito sanitario pois, na actualidade, ADOS dispón da máxima certificación de calidade ISO 9001:2015, así como as acreditacións de calidade outorgadas polo Comité de Acreditacións da Transfusión (CAT) e a European Federation for Immunogenetics (EFI).
Así mesmo, durante 2023, continuarase co programa de melloras en infraestruturas iniciado hai sete anos, coa recente posta en funcionamento do novo local de doazón de ADOS en Ourense, e seguirá coa incorporación en abril dunha nova unidade móbil para esta mesma provincia, que se vai engadir ao renovado parque de vehículos de ADOS.
ADOS manifesta o recoñecemento a todas as persoas, institucións, empresas e asociacións que colaboran nas campañas informativas a prol da doazón de sangue, en especial ás Irmandades de Doantes de Sangue e, como non podía ser doutra maneira, a todas as persoas que doaron sangue ao longo do ano 2022.
Chamamento á doazón de sangue
Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue tamén queremos convidar a doar ás galegas e galegos nos días previos aos festivos de Semana Santa, en especial aos doantes 0 Positivo. As reservas deste grupo sanguíneos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS.
Nos períodos festivos, como Semana Santa, pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue. Neste sentido, lembrar que, durante todos os días do ano, precisamos entre 400 e 500 doazóns de sangue para que os hospitais galegos realicen o seu labor asistencial de maneira adecuada.
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo, que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, nestes días, máis de 30 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA
|
CONCELLOS
|
Sábado
1
de
abril
|
Praza
de España (Ferrol), Os Castros (A Coruña), Bertamiráns (Ames),
C.C.Vialia Estación de Vigo, Castro Ribeiras de Lea
|
Luns
3
de
abril
|
Valdoviño,
Bº Monte Alto e Os Rosales (A Coruña),Ordes, Aguiño (Ribeira),
Ribadumia, O Rosal, As Neves, Chantada, Rúa do Paseo e Avda
Buenos Aires (Ourense)
|
Martes
4
de
abril
|
Ares,
Arteixo, Santa Cruz (Oleiros), Milladoiro (Ames), Cacheiras (Teo),
Portonovo (Sanxenxo), Gondomar, Mondariz, Ribadeo,A Valenza
(Barbadas)
|
Mércores
5
de
abril
|
As
Pontes, Carballo,Obelisco (A Coruña), Ribeira, Praza Roxa
(Santiago), Cambados, Aguarda, Arbo, Praza Maior, Ronda das
Fontiñas (Lugo), Verín
|
Sábado
8
de
abril
|
Bº
San Valentín (Fene) Carballo, Ribeira. Cambados, A Guarda, Verín.
|
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
|
HORARIO
|
HOSPITAL
CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
|
Luns
a venres
das
8 ás 22 horas
Sábado
das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DA CORUÑA
|
Luns
a venres
das 8 ás 22 horas
Sábado
das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE DE
FERROL
|
Luns
das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
Venres
das 8 ás 22 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI DE LUGO
|
Luns
e venres das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DE OURENSE
|
Luns
e venres das 15 ás 22 horas
Martes,
mércores e xoves das 8 ás 15 horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
|
Luns
e venres de 8 ás 15 horas
Martes,
mércores e xoves de 15 horas a 22 horas
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA DE
VIGO
|
Luns
a venres das 8 ás 22 horas
Sábados
das 8 ás 15 horas
|
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.