Santiago de
Compostela, 31 de marzo de 2023.- O centro de saúde Concepción Arenal
de Santiago de Compostela conta xa cunha nova área da muller grazas as obras de
que veñen de rematar. Así, esta reforma vense sumar ás actuacións realizadas
nunha primeira fase de reordenación e mellora da área pediátrica, e que
contaron cun investimento global de 150.000 euros por parte da Xunta de Galicia.
A nova área, incorpora
unha sala de lactación materna e unha nova sala de educación maternal, o que,
grazas á recente creación dunha nova praza de matrona, permitirá realizar esta
actividade no propio centro.
Esta mañá, a
xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, acompañada polo director
de Atención Primaria, Felipe Calle, as subdirectoras médica, Ana Turnes, de Humanización e Atención ao Cidadán, María
José Menor, e Charo Barca e Amaya Castro da Fundación Andrea, que se fixo cargo
da decoración das salas, visitaron a nova área da muller acompañados polo xefe
do Servizo do Centro de Saúde Concepción Arenal, Manuel Portela e a
coordinadora de enfermería do centro, Ana Mouta Otero.
Complétase
así a reforma pola que se concentra nun mesmo espazo a área de pediatría e
saúde da muller no primeiro andar, iniciada co adecuamento da zona pediátrica.
Así, esta área tamén se viu reforzada coa ampliación do cadro de persoal coa incorporación
de diferentes profesionais: 1 pediatra, 1 enfermeira especialista en pediatría
e 1 matrona (desde finais de 2022), que se viñeron sumar ás prazas de
profesionais sanitarios do Concepción Arenal, xunto a outras 4 enfermeiras
máis.
Nos últimos anos se levaron cabo diferentes
melloras neste mesmo centro, que afectaron a todo o edificio, principalmente ao
acondicionamento interno de pintura e chan. Renovación dos estores nas ventás
así como a reordenación de diferentes espazos para adaptarse a novas
necesidades.
Saúdos