O SERGAS ADAPTA AS BASES DO PROCEDEMENTO DO CONCURSO DE TRASLADOS DO PERSOAL ESTATUTARIO PARA INCENTIVAR A COBERTURA DE PRAZAS DE MÉDICOS NOS HOSPITAIS COMARCAIS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 05 2023


O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se modifican as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia.

A resolución publicada hoxe adapta as bases e o baremo do procedemento de concurso de traslados do Sistema Público de Galicia á normativa ditada despois da súa publicación, en concreto á Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de facultativos con título de especialista, respecto da valoración dos servizos prestados por este persoal nos hospitais dos distritos sanitarios de Cee, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín e O Barco de Valdeorras. 

En consecuencia, no baremo de todas as categorías/especialidades de facultativos especialistas existentes no procedemento de concurso aberto e permanente facultativo especialista de área, médico de urxencias hospitalarias, médico de familia, pediatra de atención primaria e médico asistencial do 061, os servizos prestados nos hospitais dos distritos sanitarios de Cee, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín e O Barco de Valdeorras computarán o triplo da puntuación que se estableza, con carácter xeral, por cada mes de servizos prestados. 

Por outra parte, adapta as bases aos prazos posesorios establecidos pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, reducindo os mesmos, así, a toma de posesión das novas prazas deberanse efectuar dentro dos dous días hábiles se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde, antes eran tres días, e no prazo de sete días hábiles fronte aos quince días de antes, se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Sergas. O prazo dun mes para tomar posesión limítase aos profesionais que procedan doutros servizos de saúde.

Dado o momento actual no que se están levando a efectos múltiples procesos de estabilización de persoal polo sistema de concurso e de concurso-oposición, co obxecto de poder cohonestar a execución de todos estes procesos, prevese que os prazos do concurso de traslados poidan ser modificados previo acordo coas organizacións sindicais da Mesa Sectorial axilizando a tramitación do procedemento.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud