SANIDADE E A FEDERACIÓN GALEGA DE IRMANDADES DE DOADORES DE SANGUE COLABORAN NO FOMENTO DA HEMODOAZÓN EN GALICIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 05 2023


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente da Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue, Manuel Fonseca Gómez, asinaron esta mañá, no edificio administrativo da Consellería de Sanidade, un novo convenio de colaboración para o desenvolvemento, por parte desta institución, da promoción da hemodoazón con todos os medios ao seu alcance, en coordinación co Sergas. No acto de sinatura estiveron presentes, ademais, o director Xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal Viñas, e a directora de ADOS, Marisa López García.

O Servizo Galego de Saúde achegará 58.200 euros para o cumprimento deste convenio de colaboración, que ten por obxecto fomentar a doazón altruísta de sangue en Galicia. O antedito acordo estará vixente ata o 31 de decembro do presente ano.

A Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue agrupa a distintas asociacións que teñen como fin a promoción da hemodoazón en Galicia baixo a coordinación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), para tentar incentivar a participación da cidadanía nas campañas de doazón, así como promover una conciencia social favorable a este solidario xesto. Con ese obxectivo, participan en campañas de radio e televisión, reparten materiais informativos, percorren concellos contactando directamente coa xente, promoven charlas e atenden todos os requirimentos dos doadores nas súas oficinas, persoal e telefonicamente.

Cómpre sinalar que, no pasado ano en Galicia, realizáronse 106.339 doazóns de sangue, cifra que permitiu ofrecer unha resposta satisfactoria ás necesidades hemoterápicas dos hospitais galegos.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud