A ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE CUBRE TODAS AS SÚAS PRAZAS DE RESIDENTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
11 05 2023

Dende o ano 2017, no que realizaron a súa formación en medicina familiar e comunitaria 16 médicos residentes, o número de prazas de Medicina Familiar e Comunitaria ofertadas na Área Sanitaria da Coruña e Cee, foi aumentando de xeito importante ata acadar as 39 prazas no ano 2023. É dicir, nos últimos 6 anos o número de prazas ofertadas duplicouse, cubríndose o 100% das mesmas.

Así, no ano 2017 o número de prazas ofertadas foron 16, 18 en 2018, 20 en 2019, 24 en 2020, 23 en 2021, 24 en 2022, ata acadar as 39 prazas este ano.

Nestes intres, 90 residentes de medicina familiar e comunitaria estanse a formar nos distintos centros de atención primaria da Área Sanitaria da Coruña e Cee. A partir do 23 de maio incorporaranse 39 novos residentes.

Prazas residentes 2023

A nova promoción de residentes que se incorporan á Área Sanitaria da Coruña e Cee componse dun total de 127 residentes (64 prazas de medicina hospitalaria, 39 prazas de medicina familiar, 19 prazas de enfermería, 2 prazas de farmacia, 2 de psicoloxía e unha de bioloxía) que se distribuirán polos hospitais Universitario A Coruña, Teresa Herrera, Marítimo de Oza, Abente y Lago e os centros de saúde.

Este ano, os cinco primeiros residentes que optaron pola especialidade de pediatría na nosa comunidade autónoma elixiron a Área Sanitaria da Coruña e Cee como opción. Ademais, como novidade, unha das especialidades ofertadas e cubertas é a de medicina do traballo.

Os futuros especialistas elixiron este centro sanitario pola súa calidade asistencial, contrastada nacional e internacionalmente nalgunhas áreas, á que se suma o renovado interese pola actividade investigadora, facilitando o acceso á carreira académica mediante os programas de terceiro ciclo, as novas liñas de investigación en ciencias biomédicas e completando a súa formación coa programación de cursos de materias médicas.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud