UN TOTAL DE 94 PROFESIONAIS SANITARIOS REMATAN A SÚA FORMACIÓN COMO INTERNOS RESIDENTES NOS CENTROS QUE COMPOÑEN A ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 05 2023

Hoxe venres, a partir das 19:00 horas, terá lugar o acto de despedida da promoción de Residentes, de atención hospitalaria, atención primaria e de enfermeía, que ao longo dos últimos 4 ou 5 anos, estivéronse formando nos distintos centros da área sanitaria da Coruña e Cee.

Un total de 94 novos profesionais sanitarios rematan a súa formación. 59 especialistas de diversas disciplinas como análises clínicos, anatomía patolóxica, anestesioloxía, aparato dixestivo, cardioloxía, medicinas intensiva, interna e preventiva, neumoloxía, neuroloxía, obstetricia, otorrinolaringoloxía, pediatría, radioloxía, rehabilitación, traumatoloxía e uroloxía, así como cirurxía cardíaca, pediátrica, plástica, vascular e xeral, aos que hai que engadir os 20 de medicina familiar e comunitaria e 15 de enfermería.

Todos eles recibiron os parabéns e os diplomas acreditativos que certifican o seu paso formativo polos distintos centros sanitarios da área de A Coruña.

Na clausura de este acto, acompañarán a Luis Verde Remeseiro, Rosario López Rico, presidenta da Comisión de Docencia, Nieves Domínguez, presidenta da Comisión de Docencia de Atención Primaria e Noemi Cortes Rey, responsable da área de formación de enfermería.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud