O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantivo hoxe unha xuntanza coa Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia, encabezada polo seu presidente, Iker Sertucha Lista. Á xuntanza tamén asistiu a xerente do Sergas, Estrella López-Pardo; e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño.
Na xuntanza, analizáronse ferramentas de integración a través das plataformas que xa existen no Servizo Galego de Saúde.