A XUNTA PUBLICARÁ A VINDEIRA SEMANA A CONVOCATORIA PARA CUBRIR 175 PRAZAS DE ESPECIALISTAS EN SAÚDE MENTAL POR CONCURSO DE MÉRITOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
18 05 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou hoxe, no marco do XXII Congreso Nacional e III Internacional da Sociedade Española de Psicoloxía Clínica, que a Xunta de Galicia publicará, a vindeira semana, a convocatoria do concurso de méritos para especialistas en saúde mental. Trátase, en total, -dixo Comesaña-, dun total de 175 prazas, 44 de psiquiatría, 37 de psicoloxía e 94 de enfermería especialista en saúde mental. O acto contou, así mesmo, coa presenza do xerente da área sanitaria, Luis Verde Remeseiro.

O titular da carteira sanitaria destacou o compromiso dos profesionais do ámbito da saúde mental do Sergas e a colaboración das sociedades científicas e o tecido asociativo, que fixeron posible a posta en marcha do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, que implica a creación de 241 novas prazas, das que 45 son de psicoloxía clínica.

Segundo Comesaña, como consecuencia deste Plan estanse a crear novos equipos e aumentando novas unidades. Outra das liñas de acción do Plan destacadas polo conselleiro é a mellora da atención á saúde mental na infancia, coa posta en marcha de hospitais de día e reforzos de programas en centros de saúde mental comunitarios, así como a posta en marcha do protocolo de prevención da conduta suicida no ámbito educativo, mediante o que se crearon vías rápidas de atención a menores, ou o programa YAM, que se porá en marcha no vindeiro curso escolar, orientado á promoción da saúde e benestar emocional do alumnado.

Ademais, o conselleiro rematou a súa intervención sinalando que se debe adecuar a formación que se oferta aos profesionais de forma acorde ás necesidades actuais, sinalando que o seu departamento revisou e actualizou o seu programa formativo anual dirixido a profesionais da saúde mental. Neste sentido, Comesaña indicou algún exemplo de accións como é o itinerario asistencial en materia de adiccións.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud