A Enfermidade Inflamatoria Intestinal (EII) é un conxunto de trastornos inflamatorios crónicos do intestino que engloba
fundamentalmente dúas enfermidades, a enfermidade de Crohn (EC) e a colite ulcerosa (CU). Entre elas
existen diferencias clínicas e patolóxicas, como a zoa de afectación. A colite ulcerosa caracterízase por lesións inflamatorias crónicas na parede do intestino groso (colon), mentres que a enfermidade de Crohn pode aparecer en calquera parte do aparello dixestivo.
Esta inflamación aparece no contexto
dunha resposta inmunitaria anómala que ‘ataca’ ao propio intestino, e cuia
causa inicial descoñécese. Pode afectar a calquera idade, pero con máis
frecuencia é diagnosticada en idade xove. A súa frecuencia está aumentando,
actualmente case o 1% da poboación a padece. Soe cursar con brotes de
actividade, nos que os pacientes poden presentar síntomas coma dor abdominal,
diarrea, sangrado, hinchazón, urxencia defecatoria, perda de peso, etc … Moitos
pacientes tamén conviven con síntomas crónicos, dixestivos e xerais como o
cansanzo, que tamén poden asociarse a manifestacións extraintestinais.
Poden existir complicacións que
precisen ingreso hospitalario ou cirúrxico nun 30-40% dos casos de Enfermidade
de Chron, e de ata un 5-10% dos casos de colite ulcerosa.
Ao longo dos últimos anos, coa
aparición de mais opcións de tratamento e adopción de estratexias de
monitorización, conséguese un mellor control da enfermidade, o que permite que
moitas das persoas que padecen este tipo de trastornos intestinais podan levar
unha vida normal. Se ben aínda hai moito que mellorar para un grupo importante
de pacientes nos que persisten síntomas crónicos, cos que teñen que convivir.