O SALÓN DE ACTOS DO CHUAC ACOLLE A CELEBRACIÓN DA I XORNADA DE SOSTENIBILIDADE MEDIOAMBIENTAL E INNOVACIÓN ASISTENCIAL
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
25 05 2023

Vai case 30 anos, o entón Complexo Hospitalario Juan Canalejo, fixo una aposta innovadora en sanidade, ao incorporar na súa xestión os impactos ambientais que se producían nos seus centros.

Dende entón e ata agora, foi moito o camiño percorrido, situando á Área Sanitaria da Coruña e Cee como un referente na xestión ambiental e sostibilidade no sector sanitario a nivel autonómico e nacional. Contando cunha certificación do sistema de xestión ambiental nos seus hospitais dende o ano 2016 e ampliando o alcance este ano aos centros de Atención Primaria.

Os impactos dos centros sanitarios na saúde ambiental son de todo tipo e magnitude: consumo de materias primas e como se obteñen; xeración de residuos sanitarios, perigosos ou non, e como se tratan una vez fora dos centros; a contaminación da auga con produtos químicos perigosos e outros que non o sendo, non son biodegradables ou son persistentes; a contaminación do aire xerada de forma directa polas instalacións do propio centro e a xerada na produción da enerxía que se consume; así como os traslados dos pacientes, acompañantes e traballadores.

Actividade medioambiental na Área Sanitaria

Os 94 edificios cos que conta a Área Sanitaria da Coruña e Cee, consumen 69.185 kw/día de enerxía eléctrica e en torno a 770 m3 de auga ao día. Neles traballan mais de 7.500 profesionais e reciben cada día a preto de 30.000 usuarios, dos mais de 550.000 habitantes cos que conta a área sanitaria.

Todo este volume de actividade fai que se xeren mais de 7 toneladas de residuos ao día, cantidade similar á que produce unha poboación galega de mais de 7.000 habitantes.

Para contabilizar e medir todos estes impactos sobre o medio ambiente úsase a pegada de carbono, que na nosa Área Sanitaria se rexistra dende 2021.

Como institución pública, e dentro da nosa responsabilidade social corporativa, unha prioridade é, como no podía ser doutro xeito, o coidado do medio ambiente entendendo por elo tanto a redución de residuos, reutilizando o non refugable, tanto a nivel clínico como nos servizos de soporte, camiñando cara á concienciación e tamén cara ao confort paisaxístico.

Para conseguir este obxectivo a xestión dos centros sanitarios ten que apoiarse en 3 premisas: recoñecer e valorar a relación que existe entre a saúde e o medio ambiente, incorporando este valor na súa xestión; promover a saúde pública reducindo o seu impacto ambiental e eliminando, en última instancia, a súa contribución á perda de saúde; ademais de servir como exemplo e motor na promoción da saúde ambiental.

Entre os temas máis importantes que se debaterán ao longo desta xornada figuran as distintas experiencias de transformación medioambiental na Área Sanitaria da Coruña e Cee, en servizos como o de cirurxía xeral, o de anestesia e reanimación ou o de anatomía patolóxica, de cara a reducir o impacto ambiental que a actividade destes servizos pode ocasionar ao medio ambiente.

Os profesionais dos centros sanitarios son unha parte fundamental do éxito da xestión ambiental. Para iso o deseño de estratexias eficaces é fundamental para a súa sensibilización, información e formación. Con isto conséguese unha mellora substancial que reflicte nunha redución dos riscos laborais dos profesionais da saúde que repercute directamente na seguridade para o paciente.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud