A XUNTA APROBA A LICITACIÓN POR 1,2 MILLÓNS DE EUROS DAS OBRAS DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO SERVIZO DE URXENCIAS DO HOSPITAL DE CEE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
25 05 2023

O Consello da Xunta abordou un informe da Consellería de Sanidade sobre o contrato das obras de reforma e ampliación da área de Urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Esta actuación contará cun importe de licitación de 1,2 millóns de euros, e permitirá optimizar á atención hospitalaria dun distrito sanitario cuxa poboación de referencia supera as 36.000 persoas. 

As obras de reforma incidirán en máis da metade da superficie total coa que contan os servizos de Urxencias do Hospital de Cee, levándose a cabo en 395, dos 700 metros cadrados que abrangue. Así, o prazo de execución das mesmas estenderanse durante 5 meses.

Entre os traballos previstos contémplase a modificación do control de Enfermería, que se emprazará no espazo central e dará lugar a dúas zonas principais: unha zona cun circuíto específico permanente e independente para a atención e illamento diferenciado das persoas con patoloxías respiratorias, e outra, destinada á atención dos pacientes con patoloxías non-respiratorias.

Así mesmo, unha vez finalizadas as obras, a área de Urxencias do Hospital Virxe da Xunqueira contará con 5 novos boxes -todos eles preparados para o illamento de pacientes de ser preciso-, e que se engaden aos 8 xa existentes (7 de observación e o único ata o de agora existente para pacientes illados), completando un total de 13 dependencias.

Máis polo miúdo, a súa distribución implicará que a zona de respiratorios -situada na antiga área de diálise-, sexa demolida para acoller 6 novos boxes para pacientes illados e; no que atinxe á zona de non respiratorios, a consulta e un dos boxes serán unificada para dar lugar a unha estancia dotada con 3 camas, ademais de manter os 6 boxes existentes.

Ademais, na actual zona de espera reformaranse os aseos públicos e; na zona intermedia e corredor de urxencias emprazaranse o novo despacho e a sala de informes, ademais das zonas de descanso para o persoal sanitario.

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud