O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, interveu está mañá no XVII Congreso da Sociedad Española de Medicina Oral e XVII Reunión da Academia Iberoamericana de Patoloxía e Medicina Bucal (AIPMB). Un encontro no que destacou o Programa de saúde bucodental co que conta a Sanidade pública galega en Atención Primaria.
O titular da carteira sanitaria da Xunta explicou que “o Programa de saúde bucodental en atención primaria de Galicia é un dos máis amplos e completos de España”, ao tempo que salientou que, ademais das prestacións destinadas á poboación xeral, o programa galego abrangue dun xeito específico á poboación infanto-xuvenil (0-14 anos), ás mulleres embarazadas, as persoas con diversidade funcional e aos pacientes con risco de cancro oral.
Comesaña salientou que este programa se desenvolve a través de 93 unidades de saúde bucodental, nas que desenvolven a súa actividade profesional máis de 90 odontólogos, e máis 90 hixienistas dentais.
No acto, o conselleiro de Sanidade estivo acompañado polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz; o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo; a presidenta de la Sociedad Española de Medicina Oral, Rocío Cerela Lapiedra; o presidente de la Academia Iberoamericana de Patología y Medicina Bucal, Fabio Ramoa Pires; e o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, Julián Álvarez Escudero.