A XUNTA CONVIDADA NUNHA XORNADA SOBRE DIXITALIZACIÓN NA INSPECCIÓN DE SAÚDE PÚBLICA DESENVOLVIDA POLA AXENCIA ESPAÑOLA DE SEGURIDADE ALIMENTARIA E NUTRICIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 05 2023

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, por medio da Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde, foi invitada a participar na Xornada sobre o uso de ferramentas para a dixitalización na inspección, que se celebra hoxe en Valencia, e na que varias comunidades autónomas e concellos presentan boas prácticas na dixitalización da inspección de saúde pública.

No acto intervén a subdirectora xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde, Inés Mato Naveira, e o xefe de servizo de Seguridade Alimentaria, José Ángel Viñuela Rodríguez, que contarán a experiencia que Galicia ten neste eido da dixitalización no control oficial. 

Nesta xornada vaise a expoñer o funcionamento dunha nova ferramenta dixital propia denominada Herme Móbil, deseñada integramente pola Dirección Xeral de Saúde Pública en colaboración coa Subdirección xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade.

Mellora na calidade

Dende o ano 2010, véñense desenvolvendo na Xunta de Galicia actuacións que supoñen unha mellora na calidade da información recollida durante as inspeccións grazas a ferramentas dixitais. A inspección de Saúde Pública forma parte do control oficial ao que se someten os establecementos co fin de verificar o cumprimento da lexislación sanitaria no ámbito da seguridade alimentaria e da sanidade ambiental na Comunidade Autónoma Galega. 

Ata este momento, como resultado da inspección, as actas de inspeccións cubríanse mediante unha tecnoloxía de bolígrafos dixitais e actas cun entramado especial que permitía recoñecer os campos codificados da acta, e volcalos directamente nunha base de datos sen necesidade de mecanización posterior.

Dentro da mellora continúa implantada no control oficial, no ano 2022 licitouse un contrato para a adquisición de 250 tablets con conexión de datos a Internet para o persoal de inspección veterinario e farmacéutico, co fin de implantar a nova ferramenta dixital denominada Herme móbil. 

Este aplicativo permite in situ o proceso completo da recollida da información no ámbito tanto da sanidade ambiental como da seguridade alimentaria mediante a utilización de protocolos de inspección como a realización das visitas de inspección, xerando unha acta dixital que debe ser validada polo persoal inspector, asinada mediante sinatura dixital de pseudónimo e enviada aos interesados a través do sistema de notificacións oficiais da Xunta de Galicia, o sistema Notifica.gal. Esto permitirá que o proceso sexa totalmente electrónico, sen necesidade de empregar o papel en ningún momento da inspección.

Tras un período de pilotaxe, realizado en xuño de 2022, no que participaron uns 40 inspectores veterinarios e farmacéuticos de saúde pública, no mes de abril deste ano comenzou a implantación do sistema en todas as zonas farmacéuticas e veterinarias, formando previamente a todo o persoal inspector co fin de ir substituíndo, de maneira progresiva en todas as actuacións, o uso do bolígrafo dixital polas tabletas.

Este proxecto implicará a xestión da información do control oficial en tempo real coa mellora na eficiencia das inspeccións de Saúde Pública, ao mesmo tempo que moderniza e uniformiza as actuacións de todo o persoal de inspección da Comunidade Autónoma de Galicia.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud