​A PORCENTANXE DE PARTICIPACIÓN NAS PROBAS DA OPE DO SERGAS ACADA O 65% NA SÚA PRIMEIRA XORNADA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
24 06 2023
 

A xornada inaugural das probas de acceso a Oferta Pública de Emprego do Sergas que se celebra en Silleda esta fin de semana acadou unha porcentaxe de participación do 65 % na xornada do sábado. Así, dos 1.189 aspirantes admitidos, acudiron á realización das probas 772 opositores.

Na quenda de mañá realizaron as probas 445 aspirantes das 704 persoas admitidas, (acadando un 63% de participación). Estes exames están destinados a cobertura de prazas  de ATS/DUE, Inspector/a Médico/a, Licenciado/a en ciencias Químicas, Farmacéutico/a Inspector/a de Saúde Pública. 

No que atinxe á quenda de tarde de hoxe, das 485 persoas admitidas, realizaron os exames un total de 327 perosnas (67,4% de participación) para a cobertura das prazas de Licenciado/a en Farmacia, Licenciado/a en Medicina e Cirurxía, Licenciado/a en ciencias Biolóxicas, Licenciado/a en Psicoloxía, Subinspector/a Sanitario.

O Servizo Galego de Saúde ofertou un total de 96 postos de persoal sanitario funcionario mediante estas probas, das que 64 serán de acceso libre, 24 de promoción interna, e 8 de discapacidade xeral. Así mesmo, cómpre sinalar que o 2% dos aspirantes proceden de fóra de Galicia, un 77% son mulleres, e o 5% terá que realizar o exercicio de lingua galega.

Máis de 10.200 aspirantes ás prazas de Enfermería

Mañá 25 de xuño, terán lugar os exames da categoría de Enfermería, que contan cun total 10.101 admitidos, e tamén as de inspector farmacéutico, con 149 aspirantes admitidos. 

No caso das 1.556 prazas ofertadas na categoría de enfermeira/o, 1.135 seran para a quenda de acceso libre, 332 a promoción interna e 89 a discapacidade xeral. 

Neste senso, indicar que 67% dos/das admitidos/as na categoría de enfermeira/o teñen actualmente vínculo activo co Servizo Galego de Saúde. 

Xunto co anterior, e como datos de interese para esta categoría, máis de 1.100 aspirantes proceden de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, o 87% dos opositores son mulleres e, o 16%, terá que realizar o exercicio de lingua galega ao non estar en posesión do Celga IV.

Os exames desta fin de semana desenvólvense en tres quendas para permitir que aspirantes inscritos en diversos procesos poidan examinarse en todos. Neste senso, hai aspirantes graduados/as en Farmacia que concorrerán aos exames do sábado pola mañá para acceder as prazas de Farmacéutico Inspector/a de saúde pública, pola tarde á de Licenciado en Farmacia, e xa no domingo, a de Inspector Farmacéutico. O mesmo acontece cos graduados/as en enfermería que poden presentarse o sábado pola mañá a ATS/DUE, pola tarde a Subinspector/a sanitario/a, e o domingo á categoría de Enfermeira/o.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud