​AS PROBAS DE ACCESO A ESPECIALIDADE DE ENFERMERÍA DO SERGAS SUPERAN O 86% DE PARTICIPACIÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
25 06 2023
 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou esta mañá o Recinto da Feira Internacional de Galicia, con motivo da celebración dos exames de oposición de Enfermería, nas que participaron 8.700 opositores dos 10.101 convocados (86,1% de participación).

Acompañado pola xerente do Sergas, Estrella López-Pardo; e pola directora xeral de Recursos Humanos, Ana Comesaña Álvarez; a de hoxe é a segunda xornada da Oferta Pública de Emprego do Sergas, nas que a administración sanitaria ofertará para a categoría de enfermeira/o un total de 1.556 prazas (1.135 para a quenda de acceso libre, 332 para promoción interna e 89 a discapacidade xeral). 

O 67% das persoas admitidas na categoría de Enfermería teñen actualmente vínculo activo co Servizo Galego de Saúde e, máis de 1.100 aspirantes proceden de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. Xunto co anterior, cómpre indicar que o 87% dos opositores son mulleres, e que o 16%, terá que realizar o exercicio de lingua galega ao non estar en posesión do Celga IV.

Por outras banda, no que atinxe as probas de acceso a inspector de farmacia, dos 149 aspirantes que foron admitidos, presentándose a realización do exame 113 persoas (75’8% de participación).

O exame desenvolveuse con normalidade, abríndose as portas do Recinto Feiral de Galicia á hora establecida (as 10:00h). Paulatinamente fóronse rexistrando mediante código QR as persoas aspirantes, ocupándose os 8.700 asentos, nun proceso para o que estaba previsto un espazo de tempo dunha hora e cuarto, tal e como se cumpriu. 

Esta entrada paulatina, permitiu que as persoas que chegaban as probas con atraso por mor da retención na autoestrada, puidesen entrar sen problema algún. Así, a organización avisou aos opositores -vía sms- antes da hora de apertura, para que estivesen tranquilos, e indicando que non se comezarían as probas sen eles.

Entre outros datos de interese vencellados á OPE do Sergas, cómpre salientar que un total de 100 mulleres solicitaron a posibilidade de interromper a realización do exame para proceder coa lactancia dos seus bebés nas salas habilitadas polo Sergas para este fin; e que outras 14 persoas realizarán o seu exame en diferentes centros hospitalarios galegos -acompañados polos directores de Recursos Humanos dos mesmos-, por mor da proximidade do parto ou outras incidencias vencelladas co embarazo. Así mesmo, o Servizo Galego de Saúde adaptou un total de 30 postos para os aspirantes con problemas de mobilidade ou outros problemas de saúde que requiren adaptación.

Datos da xornada inaugural

Na xornada de onte, comezaron as probas de acceso a Oferta Pública de Emprego do Sergas cunha porcentaxe de participación do 65 %. Así, dos 1.189 aspirantes admitidos, acudiron á realización das probas 772 opositores.

En concreto, na quenda de mañá realizaron as probas 445 aspirantes das 704 persoas admitidas, (acadando un 63% de participación). Estes exames están destinados a cobertura de prazas  de ATS/DUE, Inspector/a Médico/a, Licenciado/a en ciencias Químicas, Farmacéutico/a Inspector/a de Saúde Pública. 

Xa pola tarde, das 485 persoas admitidas, realizaron os exames un total de 327 personas (67,4% de participación) para a cobertura das prazas de Licenciado/a en Farmacia, Licenciado/a en Medicina e Cirurxía, Licenciado/a en ciencias Biolóxicas, Licenciado/a en Psicoloxía, Subinspector/a Sanitario.

O Servizo Galego de Saúde ofertou un total de 96 postos de persoal sanitario funcionario mediante estas probas, das que 64 serán de acceso libre, 24 de promoción interna, e 8 de discapacidade xeral. Así mesmo, cómpre sinalar que o 2% dos aspirantes proceden de fóra de Galicia, un 77% son mulleres, e o 5% terá que realizar o exercicio de lingua galega.


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud