A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E 22 CONCELLOS GALEGOS PROMOVEN A PARTICIPACIÓN CIDADÁ NA CAMPAÑA “VERÁN 2023: TI ES O PROTAGONISTA”
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
11 07 2023


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove, en colaboración con distintos Concellos de Galicia, a campaña especial de doazón de sangue “Verán 2023: Ti es o protagonista” , que comezou o  14 de xuño, co gallo da conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue, na praza Roxa de Santiago de Compostela, continuou o día cinco deste mes en A Coruña, o sete en Pontevedra, e proseguirá ao longo do verán por dezanove municipios máis. 

Necesidade constante

Esta campaña especial ten como finalidade aumentar a participación da cidadanía no período estival para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns mensuais. Para isto, desde os Concellos e ADOS convídase aos cidadáns a doar sangue mediante o envío de información sobre este xesto solidario.

As épocas de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden co período de vacacións de verán. Por iso, lévanse a cabo accións informativas cos Concellos, para tratar de garantir unha participación axeitada co obxectivo de dar resposta as necesidades de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais. Nesta campaña “Verán 2023: Ti es o protagonista” enmárcase a colaboración que levará ata vinte e dous concellos unha unidade móbil de ADOS. 

Concellos que participan

Os municipios que colaboran nesta iniciativa son: Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Salceda de Caselas, O Porriño, O Grove, Lugo, A Estrada, Ares, A Laracha, Ribadavia, Foz, Ferrol, Noia, Oleiros, Ourense, Sanxenxo, Allariz, Vigo, Santa Comba, Betanzos e Lalín.

As persoas que desexen participar nesta campaña, poden acudir á unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue nos lugares e datas que aparecerán publicados nas redes sociais de ADOS.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud