​A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE FACILITA O ACCESO Á INFORMACIÓN DOS DOANTES COA CARPETA “OS MEUS INFORMES DE ADOS” ALOXADA EN “A MIÑA HISTORIA CLÍNICA” NA PLATAFORMA É-SAÚDE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
24 07 2023
 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), dentro do seu programa de mellora constante e co obxectivo de favorecer unha máis fluída comunicación coa cidadanía, facilita, desde o presente mes de xullo, o acceso á unha nova carpeta chamada “Os meus informes de ADOS”, aloxada dentro da pestana “A miña historia clínica” da plataforma do Sergas, “É-Saúde”.

A cidadanía pode consultar esta nova carpeta aloxada na aplicación “É-Saúde”, posibilitando que os doantes teñan, de xeito máis accesible, os resultados das probas analíticas que se realizan ás doazóns de sangue e que, tradicionalmente, se envían por correo ordinario. Así mesmo, está previsto que no futuro se incorporen outros tipos de información que podan mellorar o servizo que a Axencia ofrece aos doantes.

Mellora da comunicación

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue tenta favorecer unha mellor, máis rápida e eficaz comunicación cos doantes e ten previsto incorporar, progresivamente, novas funcionalidades dentro desta nova carpeta que, desde o presente mes, xa se atopa operativa.

Desde ADOS lembrar que, para acceder a “É-Saúde”, resulta preciso ter DNI electrónico, CHAVE365 ou Certificado Dixital e que o acceso posibilitase tamén desde a App “Sergas móbil”.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue está a informar aos doantes desta nova vía de comunicación e este verán enviará un tríptico informativo aos novos doadores e doadoras dando a coñecer este novo acceso á información analítica. ADOS continúa a traballar para favorecer a apertura de novos xeitos de comunicación coa cidadanía, en xeral, e cos doantes en particular, e convida a todos a coñecer este novo xeito de acceso a súa información vencellada co solidario xesto da doazón de sangue.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud