​O SERVIZO DE NEONATOLOXÍA DA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO E BARBANZA PROMOCIONA E SALIENTA OS BENEFICIOS DA ALEITAR NA SEMANA DA LACTACIÓN MATERNA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
02 08 2023

Santiago de Compostela,  2 de agosto de 2023.- Con motivo da semana da lactación materna (LM),  que se celebra do 1 ao 7 de agosto, os profesionais do Servizo de Neonatoloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, recordan os beneficios do leite materno, tales como, para os recén nados a termo, a mellora do desenvolvemento inmunolóxico e neurolóxico, prevención de enfermidades metabólicas e cardiovasculares, entre outras.  De forma especial, nos prematuros, diminúe o risco de enterocolite necrosante, unha das principais causas de morbi-mortalidade neste grupo, e o tempo de estadía hospitalaria.

 

Para salientar a importancia de aleitar aos bebés, os profesionais e a asociación de pais de nenos prematuros, AGAPREM, participaron nunha mostra de fotografías que se expoñen no propio servizo do Clínico.

 

Neonatoloxía do Clínico conta co recoñecemento de IHAN (Iniciativa para a Humanización da Asistencia ao Nacemento e á Lactación) en fase IID, unha acreditación da OMS e UNICEF polo labor de promoción da LM.

 

Formando parte do servizo de Neonatoloxía, cuxa responsable é a doutora María Luz Couce, atópase o Banco de Leite Materno de Santiago. Este Banco foi o primeiro de Galicia, e dende a súa posta en marcha no 2016, contou coa doazón de máis de 500 nais (3.500 litros de leite materno) o que permitiu proporcionar leite materno doado a 740 recén nados de risco das áreas de Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.

 

Nos últimos anos, leváronse a cabo distintas actividades a favor da lactación materna, entre as que se atopan o labor diario das DUEs e TCAEs para favorecer a transición a unha lactación materna completa e a creación da Unidade de Lactación Materna, (coordinada pola neonatóloga Olalla López Suárez) que proporciona apoio a nais lactantes da área sanitaria compostelá e organiza talleres de lactación para as nais que acaban de dar a luz na planta de Obstetricia, aos que no último ano acudiron preto do 70% das parturientas, chegándose a unha taxa de lactación exclusiva nas altas deste servicio do 67%

 

Asímesmo, creouse un grupo de traballo en LM no que participan médicos, DUEs e TCAEs do Servizo de Neonatoloxía que se encargan da elaboración de protocolos e  desenvolvemento de actividades de formación e promoción da LM para garantir a formación continuada e a actualización neste ámbito.

 

Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud