O alcalde do Concello de Sanxenxo, Telmo Martín, acudiu na mañá de hoxe a doar sangue á unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que se instalou na Praza dos Barcos, acto no que estivo acompañado pola directora de ADOS, Marisa López García.
Ao respecto, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece ao Concello de Sanxenxo o seu compromiso e colaboración para lograr un número axeitado de doazóns de sangue, facéndoo extensivo a toda a cidadanía galega que, nalgún momento das súas vidas, doaron sangue para o correcto funcionamento dos hospitais galegos.