MAÑÁ VENRES DARÁ COMENZO, NO PARANINFO, A X XORNADA SOBRE INSUFICIENCIA CARDIACA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 09 2023

A insuficiencia cardíaca (IC) é a consecuencia de calquera enfermidade que afecte ao corazón e que condicione a incapacidade deste órgano para bombear sangue e abastecer de oxíxeno e nutrientes a todo o corpo. É frecuente e grave, ademais da causa más habitual de hospitalización en maiores de 65 anos e máis mortal que moitos cancros.

Nos últimos anos houbo grandes avances no seu tratamento como fármacos (varios), dispositivos electromecánicos, entre eles os marcapasos resincronizadores cardíacos ou os desfibriladores implantables, tratamentos percutáneos de valvulopatías, ablación de arritmias, e para as fases máis avanzadas da enfermidade, cando a pesar do tratamento convencional persisten síntomas incapacitantes para a vida diaria, a utilización de terapias mais complexas como o transplante cardíaco e a asistencia mecánica circulatoria.

Por este motivo, durante as xornadas dos días 28 e 29 de setembro celebrarase a X edición da reunión organizada pola Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Transplante Cardíaco do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Directores a Dra. Crespo Leiro e os Dres. Cuenca Castillo e Vázquez Rodríguez), onde expertos a nivel internacional, nacional e da nosa comunidade autónoma discutirán os aspectos máis novidosos no manexo da insuficiencia cardíaca, dende a práctica clínica ata os distintos modelos organizativos. Será unha posta o día das múltiples facetas e oportunidades terapéuticas da insuficiencia cardíaca.

O venres 28, a reunión comezará con dúas mesas dirixidas especialmente a especialistas en atención primaria con interese na insuficiencia cardíaca, ambas abarcarán unha actualización en IC.

Ao longo do día, diferentes mesas con destacados poñentes a nivel internacional: Daniela Pini (Monza, IT), Theresa McDonagh (Londres, UK), Jürgen Kuschyk (Mannheim, DE), Fozia Ahmed (Manchester, UK) Theresa McDonagh (London, UK), Ulrich P. Jorde (New York, USA).

Destacando a conferencia inaugural: Actualización das Guías de IC da Sociedade Europea de Cardioloxía, a cargo de Theresa McDonagh (London, UK), e a Conferencia  “Alfonso Castro Beiras, a cargo de Frank Ruschitzka (Zurich) sobre Manexo da IC: medicamentos, dispositivos e atención multidisciplinaria.

A segunda xornada iniciarase coas mesas “Intervencións das cardiopatías valvulares”, en formato Mesa debate e “Empeoramento da IC”. O transplante, con importantes poñentes a nivel internacional como Maja Cikes (Zagreb, Croacia), pechando coa conferencia de clausura a cargo de  Ulrich P. Jorde (New York, USA) sobre “Asistencia ventricular de longa duración”.

O programa científico conta tamén con destacados poñentes a nivel nacional como Clara Bonanad (Valencia), Beatriz Díaz Molina (Oviedo), Manuel Martínez Sellés (Madrid), Sonia Mirabet Pérez (Barcelona), Domingo Pascual Figal (Murcia), Alejandro Recio Mayoral (Sevilla) e de Galicia como Miguel Solla, Gonzalo Barge, David Couto, Eduardo Barge, Daniel Enriquez, Rodrigo Estevez, Belen Cid, Ramiro Trillo, Jorge Salgado, Fernando Soto, Margarita Regueiro, David Dobarro, entre outros.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud