​MÁIS DE 100 NENOS INMUNIZADOS CONTRA O VRS OS PRIMEIROS DÍAS NA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E BARBANZA -
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
11 10 2023

 Santiago, 29 de setembro 2023.- Máis de 100 bebés foron inmunizados ata hoxe venres contra o VRS na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza na campaña que comezou o pasado luns 25 de setembro (ata o medio día de hoxe venres foron inmunizados un total de 112 bebés aos que haberá que sumar os que acudan esta tarde dos 20 citados no Clínico). A xerencia compostelá amosa a súa satisfacción pola gran acollida, pois prácticamente o 100% dos bebés que estaban en disposición de recibila, foron inmunizados. Galicia foi a primeira comunidade en aprobar a inclusión deste anticorpo no seu calendario vacinal, dos que a Xunta adquiriu 15.500 doses. O Virus Respiratorio Sincitial (VRS) é o causante da bronquiolite, unha enfermidade que provoca ata un milleiro de hospitalizacións en Galicia cada ano. Xunto cos recén nados nos hospitais compostelá e de Ribeira, tamén foron vacinados nesta primeira semana, nas consultas externas do hospital Clínico santiagués, os nenos prematuros (nados desde o 1 de outubro de 2021), e os nenos de alto risco (con cardiopatías, displasia broncopulmonar, entre outras patoloxías) con menos de 24 meses. A partires do vindeiro luns 2 e ata o 15 de outubro están citados no Hospital Clínico e no Hospital da Barbanza todos aqueles aqueles nenos/as que naceron desde o pasado 1 de abril de 2023. Comezo da vacinación fronte á gripe e da covid-19 Esta semana, tamén comezou a campaña de vacinación fronte á gripe e a covid-19 nas residencias sociosanitarias e centros de persoas con discapacidade. Así, foron vacinadas nestes días máis de 1.000 persoas residentes en 14 dos centros situados no ámbito de influencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Ata o vindeiro día 13 de outubro os dous equipos de enfermería composteláns continuarán coa programación para acudir ás preto de 30 residencias que lle restan. INFORMACIÓN AOS MEDIOS Gabinete de Comunicación e Imaxe Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela Travesía da Choupana s/n T. 981 950 023 // 981 950 967 prensa.santiago@sergas.es xxisantiago.sergas.gal O equipo de enfermería do distrito de Barbanza xa completou nesta primeira semana, coa vacinación de 360 residentes, nos 6 centros do seu entorno, situados nos concellos de Ribeira, Noia, A Pobra do Caramiñal, e Boiro). Tras completar a vacinación nas residencias, o vindeiro 16 de outubro está previsto estender a campaña ao resto da poboación diana desta campaña, e terá lugar tamén a apertura dos grandes recintos de vacinación. Así, a Consellería de Sanidade citará á poboación diana -vía SMS- con 4 ou 5 días de antelación. INMUNIZACIÓN CONTRA O VRS NA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E BARBANZA 25/09/2023 2 6/09/23 27/09/23 28/09/23 29/09/23 OBSTETRICIA 9 1 3 4 5 NEONAT 6 0 1 0 3 CCEXT. 18 20 19 19 ??? BBZA 2 1 0 0 1 TOTAL 35 22 23 23 ??? *** Este serán están citados 20 bebés nas Consultas Externas do Hospital Clínico. 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud